A Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o FEMPA da Unión Europea veñen de conceder a Confraría de Pescadores de Raxó unha axuda con data 08-04-2025 para recuperación da estructura sedimentaria e a biodiversidade dos bancos de marisqueo a flote da Ría de Pontevedra.
Esta axuda é por un importe de 34.600,01 € para a anualidade 2025, aportando o FEMPA da Unión Europea o 70% e a C.A. de Galicia o 30%. Os obxectivos xerais son a recuperación da estructura e a biodiversidade dos bancos marisqueiros de a flote do plan de xestión conxunto e os obxectivos específicos son os de sementar 1.580.953 unidades de semilla de ameixa babosa de 15 a 18 mm e as remocións do substrato empregando a embarcación Lonxa de Campelo mediante o traballo do terreo con maquinaria adaptada para estas funcións.
EXPEDIENTE: PE209-2025-0007