AXUDA DA CONSELLERÍA DO MAR E DO FEMP (UNIÓN EUROPEA) PARA RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS (BANCOS DE MARISQUEO A FLOTE)

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o FEMP da Unión Europea veñen de conceder a Confraría de Pescadores de Raxó unha axuda con data 04-11-2024 para recuperación da estructura sedimentaria e a biodiversidade dos bancos de marisqueo a flote da Ría de Pontevedra.

Esta axuda é por un importe de: 72.000,00 € a repartir nas anualidades 2024 (40.000,00 €) e 2025 (32.000,00 €) aportando o FEMPA da Unión Europea o 70% e a C.A. de Galicia o 30%. Os obxectivos xerais: son a recuperación da estructura e a biodiversidade nos bancos da Brensa, Aguillóns, Tambo Norte, Cantís, Cantil de Lourizán e Río Lérez no plan de xestión a flote do marisqueo e os obxectivos específicos: favorecer a osixenación e resuspensión da fracción máis fina do sedimento, restablecer o equilibrio da poboación de depredadores, eliminar agregacións de mexillón epifaunais e mellorar as condicións para que se incremente a biodiversidade.

EXPEDIENTE: PE209-2024-008