Con data 5-8-2024 a Excma Diputación de Pontevedra ven de conceder a Confraría de Pescadores San Gregorio de Raxó unha axuda por importe de 9.988,74 € (nove mil novecentos oitenta e oito euros con setenta e catro céntimos) destinada a cubrir os gastos de persoal, electricidade e combustible do ano 2024.
A Confraría de Pescadores de Raxó en nome dos seus Órganos de Goberno quere agradecer públicamente a axuda concedida a Excma Diputación de Pontevedra, nun ano 2024 moi complicado para a confraría e os seus asociados/as a consecuencia da mortandade do marisco polas intensas choivas rexistradas nos meses de outubro e novembro de 2023, que causaron moitos danos ao marisco do fondo da ría de Pontevedra, obligando as confrarías do fondo da ría a un peche forzoso do marisqueo a pe dende o 1 de xaneiro ata o 21 de xullo de 2024 e no caso do marisqueo a flote, durante todo o ano 2024 ata como mínimo o 31 de outubro.
Publicase o cartel coa axuda concedida por parte da Excma. Diputación Provincial de Pontevedra.