Archivo de la categoría: Marisqueo

AXUDA DA CONSELLERÍA DO MAR E DO FEMP (UNIÓN EUROPEA) PARA RESTAURACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS (BANCOS DE MARISQUEO A FLOTE)

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia e o FEMP da Unión Europea veñen de conceder a Confraría de Pescadores de Raxó unha axuda con data 04-11-2024 para recuperación da estructura sedimentaria e a biodiversidade dos bancos de marisqueo a flote da Ría de Pontevedra.

Esta axuda é por un importe de: 72.000,00 € a repartir nas anualidades 2024 (40.000,00 €) e 2025 (32.000,00 €) aportando o FEMPA da Unión Europea o 70% e a C.A. de Galicia o 30%. Os obxectivos xerais: son a recuperación da estructura e a biodiversidade nos bancos da Brensa, Aguillóns, Tambo Norte, Cantís, Cantil de Lourizán e Río Lérez no plan de xestión a flote do marisqueo e os obxectivos específicos: favorecer a osixenación e resuspensión da fracción máis fina do sedimento, restablecer o equilibrio da poboación de depredadores, eliminar agregacións de mexillón epifaunais e mellorar as condicións para que se incremente a biodiversidade.

EXPEDIENTE: PE209-2024-008

AXUDA DA CONSELLERÍA DO MAR DA XUNTA DE GALICIA PARA A REPOBOACION CON SEMENTE DE BABOSA DO BANCO DA BRENSA

A Consellería do Mar ven de conceder á Confraría de Pescadores de Raxó con data 27-06-2023, unha axuda de 15.000,00 € destinada a repoboación con semente autóctona (ameixa babosa) destinada ó banco marisqueiro a flote da Brensa.

Esta axuda está financiada ó 100% pola Consellería do Mar, esta regulada pola Orde de 29 de diciembre de 2022 (DOG. nº 19 de 27-01-2023) e número de expediente PE209H-2023-008.

SUBVENCION DA CONSELLERÍA DO MAR E DA UNIÓN EUROPEA PARA A REALIZACIÓN DE CURSOS PARA OS PROFESIONAIS DO MAR

CON DATA 30-11-2022 A CONSELLERÍA DO MAR (DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) CONCEDEULLE Á CONFRARIA DE RAXÓ UNHA AXUDA DE 10.980,00 € PARA A REALIZACIÓN DE TRES CURSOS PROFESIONAIS,  UN DE FORMACIÓN SANITARIA INICIAL, UN DE ACTUALIZACION DA FORMACION SANITARIA INICIAL E UN DE OPERADOR RESTRINXIDO DE RADIO SISTEMA SMSSM, TODOS ELES DESTINADOS A OS PROFESIONAIS DO MAR.

GRACIAS A ESTA AXUDA OS PROFESIONAIS DO MAR QUE PRECISEN FACER ESTES CURSOS SANITARIOS DE FORMACIÓN INICIAL OU ACTUALIZAR O QUE XA TEÑAN FEITO E TAMÉN FACER O CURSO DE OPERADOR DE RADIO PODERÁN ASISTIR OS MESMOS NO SALÓN DE ACTOS DA CONFRARÍA DE RAXÓ NAS DATAS ENTRE O 25 E O 29 DE ABRIL DE 2023 PARA OS CURSOS SANITARIOS E DO 18 DE MAIO AO 1 DE XUÑO DE 2023 PARA O DE RADIO E ACADAR ASÍ A FORMACIÓN SUFICIENTE E NECESARIA PARA PODER DESPACHAR AS SÚAS EMBARCACIÓNS TANTO COMA ARMADORES OU COMA PERSOAL ENROLADO SEGUNDO A LEXISLACIÓN VIXENTE.

A SUBVENCIÓN ESTA FINANCIADA NUN 25% POLA CONSELLERÍA DO MAR (2.745,00 €) E NUN 75% POLO FEMP DA UNIÓN EUROPEA (8.235,00 €).

AXUDA PARA REPOBOACIÓN CON SEMENTE AUTOCTONA DO BANCO MARISQUEIRO DO RÍO LEREZ E CANTÍS 2022-2023

A Consellería do Mar e o FEMP (Unión Europea) veñen de conceder á Confraría de Pescadores de Raxó con data  03-06-2022, unha axuda de 75.000,00 € destinada a repoboación con semente autóctona (ameixa babosa) nos bancos marisqueiros a  flote (Río Lérez e Cantís) así como traballos de limpezas e arados.

Esta axuda está financiada nun 25% (18.750,00 €) pola Consellería do Mar e nun 75% (56.250,00 €) polo programa FEMP da Unión Europea, esta regulada pola Orde de 30 de decembro de 2021 (DOG. nº20 del 31/01/2021) e número de expediente PE209B-2022F-021.

CARTEL AYUDA COMPRA SEMILLA BABOSA PARA OA BANCOS MARISQUEIROS DO RÍO LEREZ E CANTIS ANO 2022-2023

AXUDA DA CONSELLERÍA DO MAR PARA A REXENERACIÓN DO BANCO MARISQUEIRO DE A BRENSA (Ría de Pontevedra)

A Consellería do Mar ven de conceder á Confraría de Pescadores de Raxó con data 06-05-2022, unha axuda de 12.000,00 € destinada a repoboación con semente autóctona (ameixa babosa) destinada ó banco marisqueiro a flote da Brensa.

Esta axuda está financiada ó 100% pola Consellería do Mar, esta regulada pola Orde de 5 de xaneiro de 2022 (DOG. nº 22 de 2-2-2022) e número de expediente PE209H-2022-009.

AXUDA PARA A REPOBOACIÓN CON SEMENTE AUTÓCTONA NO MARISQUEO A FLOTE NA CONFRARIA DE PESCADORES DE RAXÓ ANO 2021

A Consellería do Mar e o FEMP (Unión Europea) veñen de conceder á Confraría de Pescadores de Raxó con data 28-07-2021, unha axuda de 40.000,00 € destinada a repoboación con semente autóctona (ameixa babosa) destinada os bancos marisqueiros a  flote (Aguillóns). Esta axuda está financiada nun 25% (10.000,00 €) pola Consellería do Mar e nun 75% (30.000,00 €) polo programa FEMP da Unión Europea, esta regulada pola Orde de 5 de xaneiro de 2021 (DOG. nº 24 del 05-02-2021) e número de expediente PE209B-2021F.

CARTEL AYUDA COMPRA SEMILLA ALMEJA BABOSA PARA BANCO AGUILLÓNS A FLOTE AÑO 2021

Fotografías da xornada de sementeira no banco marisqueiro de Aguillóns (17-09-2021)

Subvención Consellería do Mar y FEMP máquina calibradora de moluscos bivalvos

 

Se publican fotografías de la máquina calibradora subvencionada por parte de la Consellería do Mar y el Fondo Europeo Marítimo de la Pesca (FEMP), recibida por la Cofradía de Raxó con fecha 27 de septiembre de 2019, el equipamiento quedó instalado en el remolque adaptado para el control de marisqueo a pie propiedad de la cofradía, ubicado en el muelle de A Canteira en Combarro, el importe total de la subvención concedida ascendió a veinticinco mil quinientos cincuenta euros (25.550,00 €), según resolución de la Consellería do Mar de 21 de mayo de 2019, con este equipamiento se logran los objetivos que pretendía la cofradía, al poder disponer de una máquina calibradora para el pesado y cribado de los moluscos bivalvos (almeja fina y japónica) que se extraen de los bancos marisqueros ubicados en su ámbito territorial.

 

 

 

Lanzamiento de la nueva web

Este mes lanzamos la nueva web de la Cofradía de Pescadores ‘San Gregorio’ de Raxó. A través de este nuevo canal queremos difundir al resto del mundo el arduo trabajo para recolectar las ricas almejas que se crían en nuestra Ría de Pontevedra llevado a cabo por los mariscadores y mariscadoras asociados nuestra Cofradía de Pescadores.

Esperamos que os guste y que con ello podáis valorar como se merece esta actividad profesional que da trabajo a tantas personas en Galicia.