SUBVENCIÓN CONSELLERÍA DO MAR E FEMP VIGILANCIA PE209C-2020F-005 (1-7-2020 a 30-06-2021)

DIVULGACIÓN DEL PROYECTO DE VIGILANCIA DE ACUERDO CON LAS INSTRUCCIONES DE LA DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO DE ACUERDO CON LA ORDEN DE 23 DE ABRIL DE 2020.

Con data 19-08-2020, a Consellería  do Mar concedeu unha subvención á Confraria de Pescadores de Raxó por importe de 14.823,00 € para cubrir os gastos da vixilancia (contratación dun gardapesca marítimo e o equipamiento de xeolocalización por GPS) para o periodo comprendido entre el 01-07-2020 ata o 30-06-2021.

O presente proxecto ten coma obxectivo principal a xestión responsable e sostible dos recursos e hábitats costeiros,  con accións concretas coma a vixilancia e control da extracción de moluscos dos bancos marisqueiros, o control do estado sanitario do recurso, ademais de moitas outras xa especificadas pero sen estas dúas concretas non sería posible levar a cabo a actividade marisqueira diaria,  sempre de acordo co plan de xestión aprobado nin se podería garantir a salubridade do producto,  polo que a administración non estaría en situación de autorizar a súa recollida e venda.

Desde este punto de vista, o impacto productivo,  económico é social do proxecto resulta evidente.

O seguimento continuo das zonas de traballo para comprobar a súa situación e o inventario que se realiza de especies, impactos, estado epidemiolóxico e demais, permiten garantir o bo estado ambiental do ecosistema e do recurso,  cumprindo outro dos obxectivos do proxecto e mantendo un seguimento ambiental moi importante de cara ó futuro e a unha construción de series históricas de datos que axuden na xestión da zona a todos os niveis mediante a coloboración coa Asistencia Técnica. Este seguimento continuo tamén resulta fundamental no aproveitamento máximo do recurso sen chegar ós límites de risco na súa explotación.

A nivel social e medioambiental a formación do sector en prácticas respectuosas co medio e coa sustentabilidade do recurso, así como a divulgación a outros sectores da sociedade, terá un impacto moi positivo no medio e longo prazo,  sendo xa notables as melloras neste aspecto nestes momentos.

A vixilancia permitiu manter o control da actividade,  freando o furtivismo interno e externo,  coa emisión das correspondentes acatas de incidencia. Esta tarefa é fundamental para conseguir unha axeitada explotación dos recursos, facendo tamén unha labor pedagóxica e disuasoria diaria.

Consideramos plenamente acadados os obxectivos plantexados co proxecto asi como os resultados obtidos.

O porcentaxe da axuda concedida es do 75% por parte da Unión Europea e do 25% por parte da Consellería do Mar de la Xunta de Galicia.