CON DATA 30-11-2022 A CONSELLERÍA DO MAR (DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO) CONCEDEULLE Á CONFRARIA DE RAXÓ UNHA AXUDA DE 10.980,00 € PARA A REALIZACIÓN DE TRES CURSOS PROFESIONAIS, UN DE FORMACIÓN SANITARIA INICIAL, UN DE ACTUALIZACION DA FORMACION SANITARIA INICIAL E UN DE OPERADOR RESTRINXIDO DE RADIO SISTEMA SMSSM, TODOS ELES DESTINADOS A OS PROFESIONAIS DO MAR.
GRACIAS A ESTA AXUDA OS PROFESIONAIS DO MAR QUE PRECISEN FACER ESTES CURSOS SANITARIOS DE FORMACIÓN INICIAL OU ACTUALIZAR O QUE XA TEÑAN FEITO E TAMÉN FACER O CURSO DE OPERADOR DE RADIO PODERÁN ASISTIR OS MESMOS NO SALÓN DE ACTOS DA CONFRARÍA DE RAXÓ NAS DATAS ENTRE O 25 E O 29 DE ABRIL DE 2023 PARA OS CURSOS SANITARIOS E DO 18 DE MAIO AO 1 DE XUÑO DE 2023 PARA O DE RADIO E ACADAR ASÍ A FORMACIÓN SUFICIENTE E NECESARIA PARA PODER DESPACHAR AS SÚAS EMBARCACIÓNS TANTO COMA ARMADORES OU COMA PERSOAL ENROLADO SEGUNDO A LEXISLACIÓN VIXENTE.
A SUBVENCIÓN ESTA FINANCIADA NUN 25% POLA CONSELLERÍA DO MAR (2.745,00 €) E NUN 75% POLO FEMP DA UNIÓN EUROPEA (8.235,00 €).